Blogia
terraepovo

Imos cara à 3ª Guerra Mundial?

Imos cara à 3ª Guerra Mundial?

Para os U.S.A.,  ainda o Iraque e Afghanistán non son temas plenamente "solucionados". Existen algúns "retrasos" dado a insurxencia islámica, pero en "vías de solución". Na súa "re-organización" según os principios da Nova Orde Mundial, é un segredo a berros, que na  zona do Oriente Meio o vindeiro obxetivo militar será Irán.  As ameazas dos USA e Israel cara à República islámica de Irán son avisos para tomar moi en serio... é o posível inicio -según expertos en xeopolítica- da 3ª Guerra Mundial.

É a guerra inevitável? Non para os USA e Israel. É preciso para os USA controlar un Irán que é segunda reserva do petróleo e do gas mundiais, emprazado nun dos enclaves máis xeoestratéxicos do planeta (control do tráfico marítimo de grande parte do petróleo polo Estreito de Ormuz), subministrador do 40 % das necesidades enerxéticas da súa grande potencia rival, China–, e de neutralizá-lo na rexión para consolidar a hexemonía de Israel. Despois da destrución total do Iraque, a alianza dos USA e do estado de Israel, ollan cara Irán como o único escollo para consolidar a súa supremacía. Desaparecido un Iraque ameazador para Israel, só resta o "perigoso" Irán para a "existencia tranquila" dos xudeus e das reservas petroleras para as empresas norteamericáns.

E  ten algo que decir à consolidación da "hexemonía planetaria  de USA-Israel",  paises como Rusia ou Europa?  Pouco ou nada por separado e baixo a influencia da OTAN.  Sen unha Euro-Rusia identitária, o camiño da dominación para Israel-USA é cousa de tempos medidos e marcados.

Pode ser  entón o inicio da 3ª Guerra Mundial? Que é o que fará China? Países islámicos de Asía xunto con China por un lado,  fronte á estructura militar da OTAN, Israel e USA por outra banda?...  Quen non teña claro que o dominio militar dos USA sobre toda a superficie do planeta son unha obviedade, ollen para o deseño onde poden observar-se as bases militares na rexión.

Semella que todo está-se a preparar!!

Ariadna Andrade

terraepovo@yahoo.es

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres