Blogia
terraepovo

SOLSTICIO D´INVERNO 2008

SOLSTICIO D´INVERNO 2008 Como manda a Tradizón e como xa ben sendo vello costume, fieis entre nós desde fai arredor dunha vintena de anos, os identitarios galegos chegados desde os catro pontos cardinais da nosa patria carnal, reunímo-nos para celebrar o Solsticio de Inverno.

Este ano, con intensa friaxe, vento do Norde e noite estrelecida, no claro dunha fraga no cerne da Galiza, anovamos os nosos votos solsticiais, acendendo as tres velas coas cores simbólicas do pasado, do presente e do futuro.

Na lembranza dos que deixaron este mundo para pasar ao Outro Mundo, houbo un recordatorio para Jörg Haider. Anovamos entre os presentes os nosos votos solsticiais e brindamos de novo pola Luz e por Europa, polo noso Povo e a nosa Terra.

Nova xornada de camaradaxe, nova velada de amizade e posta a ponto de novos proxectos para o ano 2009.

Bó Nadal, Bó Solsticio e feliz Aninovo 2009 a todos os nosos amigos!!!

"Festa do combate contra as tebras e festa das sementes invisíveis, o Nadal pertence aos que loitan en silencio, na sombra e na soedade. O Nadal é a festa da esperanza invencível. Os homes de hoxe, se ignoran o sentido verdadeiro destes días de festa, non deixan de intuir que se trata dunha tradizón que mergulla as súas raizames no que hai mais sagrado dos nosos povos" JEAN MABIRE

0 comentarios