Blogia
terraepovo

LIBERTAD E IDENTIDAD

LIBERTAD E IDENTIDAD

O 3 de Xullo vaise apresentar en Madrid a asociación "LIBERTAD E IDENTIDAD",  sendo os seus promotores os recoñecidos escritores e xornalistas Antonio Medrano e J.J.Esparza (www.elmanifiesto.com) , así como o profesor de Bioética Eduardo Arroyo e o advogado José María Ruiz.

Baixo un ambicioso proxecto, a temática desta nova asociación de caracter identitario, vai tentar profundizar nos problemas reais do noso actual sistema socio-económico, sen esquecer os problemas do individuo superficial e moderno.

O seu manifesto ou ideario- da mais alta calidade- tocará entre outros, os seguintes pontos: "Os signos da crise", "O deber da xeración presente", "A abolición do home frente a restauración do espírito", "A escravitude da globalización frente à liberdade identitária", etc.

En breve estará na rede o seu ideario, sendo de recomendável leitura, pois refresca a todos a verdadeira raizame da actual crise espiritoal, político-económica, ecolóxica e social.

Seguiremos informando aos nosos leitores.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres