Imos cara à 3ª Guerra Mundial?
Para os U.S.A., ainda o Iraque e Afghanistán non son temas plenamente "solucionados". Existen algúns "retrasos" dado a insurxencia islámica, pero en "vías de solución". Na súa "re-organización" según os principios da Nova Orde Mundial, é un segredo a berros, que na zona do Oriente Meio o vindeiro obxetivo militar será Irán. As ameazas dos USA e Israel cara à República islámica de Irán son avisos para tomar moi en serio... é o posível inicio -según expertos en xeopolítica- da 3ª Guerra Mundial.
É a guerra inevitável? Non para os USA e Israel. É preciso para os USA controlar un Irán que é segunda reserva do petróleo e do gas mundiais, emprazado nun dos enclaves máis xeoestratéxicos do planeta (control do tráfico marítimo de grande parte do petróleo polo Estreito de Ormuz), subministrador do 40 % das necesidades enerxéticas da súa grande potencia rival, China–, e de neutralizá-lo na rexión para consolidar a hexemonía de Israel. Despois da destrución total do Iraque, a alianza dos USA e do estado de Israel, ollan cara Irán como o único escollo para consolidar a súa supremacía. Desaparecido un Iraque ameazador para Israel, só resta o "perigoso" Irán para a "existencia tranquila" dos xudeus e das reservas petroleras para as empresas norteamericáns.
E ten algo que decir à consolidación da "hexemonía planetaria de USA-Israel", paises como Rusia ou Europa? Pouco ou nada por separado e baixo a influencia da OTAN. Sen unha Euro-Rusia identitária, o camiño da dominación para Israel-USA é cousa de tempos medidos e marcados.
Pode ser entón o inicio da 3ª Guerra Mundial? Que é o que fará China? Países islámicos de Asía xunto con China por un lado, fronte á estructura militar da OTAN, Israel e USA por outra banda?... Quen non teña claro que o dominio militar dos USA sobre toda a superficie do planeta son unha obviedade, ollen para o deseño onde poden observar-se as bases militares na rexión.
Semella que todo está-se a preparar!!
Ariadna Andrade
0 comentarios