Blogia
terraepovo

Presentación do blogue TERRA E POVO

Presentación do blogue TERRA E POVO

Desde as brumosas terras do norde da península celtibérica, onde as conciencias esvaen-se e dispersan-se có vento, un pequeno fato de persoas suman-se ao proxecto europeista  de TERRA E POVO. Desde esta  sacrosanta terra nosa  que olla para o Atlântico e alén nós, irmá das outras terras do FINISTERRAE ( Irlanda, Bretaña, Escócia...) queremos fazer a nosa modesta contribución ao espallamento dun ideário galeguista,  nacionalista europeu e de inspiración tradicional. É ista outra pedra mais, a galega, que quer  re-construir ese castelo chamado Europa junto das máns dos casteláns, dos cataláns, dos escoceses, dos bretóns, dos irlandeses, dos letóns, dos croatas, dos daneses, dos vascos, dos serbios...  Estamos para remover as almas e conciencias dos que se acheguen a nós.

 

 Algúns ollarán con excesivo academicismo algúns artigos, máis  non é isa a sua función nen intención final, senón a de oferecer có rigor preciso unha Cosmovisión indoeuropeia, unha serie de conceitos- ora ben sexan sobre história, sobre política, sobre direito, sobre antropología,  sobre mitologia, etc- para que fiquen ben explicados, sempre fuxindo do intelectualismo pedante ou da demagogia imperante. 

 

 O Amor polos nosos Devanceiros e polo noso Povo, polas nosas tradicións indoeuropeias e  pola nosa Terra é o motor imaterial dos autores dos artigos que figuran neste bloque de TERRA E POVO, con artigos em lingua galega, castelán e português. 

 

 Grazas aos Deuses non somos funcionários que nom funcionam (liberados sindicais ou en excedência)  nen temos afan proselitista vaticanista como os parvos, ignorantes e escuros que moran nas doutrinas monoteistas, ben sexan das esquerdas “progres”ou  das direitas “centristas” , do Islam “salvador” ou do Israel “redentor”.

 

Como dixo o poeta e xornalista minhoto Joâo Verde, “amo à minha terra e tenho-a endeusado como a um bom filho” e é por iso, simplesmente que amamos a nosa terra , ao noso povo e as suas tradicións,  neste mundo da quantidade e da globalización, do neoliberalismo de mercado e do internacionalismo neo-marxista.

 

“O povo que abandoa a sua tradizón non ten direito à existencia” dixo-nos o grande pensador galego don Vicente Risco, e seguindo fielmente a sua liña de pensamento, qual “fío de Ariadna” para non ser desorientados, que sirvan estas páxinas para aportar luz à conciencia e forza ao espírito , que sirvan para recoñecer e auto-afirmar a nosa identidade (galega-hispánica e europeia) nos tempos do hibridismo multiétnico.    

N.R.   

0 comentarios